Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26167

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1396/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 1396/2012 desta sección, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Limpiezas Saramar, S.L., Agustín López Zapata, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 16 de maio de 2014.

Únese o anterior escrito, presentado por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida preciso, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é preciso presentar o xustificante de ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, xa que o recurso de casación para unificación de doutrina, non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Considérase efectuado o depósito ingresado para recorrer.

No que atinxe ao outrosí digo I, ao outrosí digo II e ao outrosí digo III, considéranse feitas as manifestacións contidas nel.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Saramar, S.L., con domicilio na estrada de Circunvalación, 6, baixo, A Coruña, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial