Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26165

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4329/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4329/2012 desta Sección, seguido por instancia de Enrique Martínez González contra Instituto Español de Oceanografía e outros, sobre cesión ilegal, ditouse a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola avogada do Estado, en representación do Instituto Español de Oceanografía, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada con data do 14 de marzo de 2012, en xuízo seguido por instancia de Enrique Martínez González contra o recorrente e outros, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios do letrado do traballador impugnante do dito recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta Sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación a Ginés Navarro Construcciones, S.A., con último domicilio coñecido na rúa do Loureiro, s/n, Ribeira, A Coruña, advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de maio de 2014

A secretaria xudicial