Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2014/0044-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio da presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2014/0044-4.

Acta: I362013000087176.

Empresa: Juegos Balora, S.A.

NIF: A-36029619.

Enderezo: rúa Santa Clara, 21, baixo, Pontevedra.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 11 de abril de 2014.

Resolución: anular a acta de infracción, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 15 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo