Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2014/0043-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio da presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2014/0043-4.

Acta: I362013000102031.

Empresa: Viprosol Galicia, S.L.

NIF: B-36966109.

Enderezo: Camiño Coruxo, A Longra, 54, baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en relación co seu anexo IV C), 3 b), e artigos 14.2, 22 e 24.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 51 do Convenio colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra.

Preceptos sancionadores: artigos 12.13, 12.2, 39.3.a), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 11 de abril de 2014.

Resolución: multa de 5.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 15 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo