Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/16-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2014/16-1.

Acta inf. nº: I1520113000163933.

Empresa: Ribanna Inversiones, S.L. Heladería Ribanna.

NIF: B70101886.

Enderezo: avenida Alférez Provisional, 5, centro comercial Cantones Village, 15003 A Coruña.

Materia: traballo (calendario laboral incompleto).

Normativa infrinxida: artigos 11.2.f) e 35.51 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Proposta de sanción: 3.126 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 14 de maio de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña