Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (402/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 402/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Cereijo Neira contra Atlántico Congresos, S.L., Gespalia, S.L., Ute Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra S.L., Monfobus, S.L. Ute Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra S.L., Monfobus, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando a demanda interposta por María Pilar Cereijo Neira, representada pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra as entidades Gespalia, S.L. (en situación de concurso voluntario, da cal é administrador Concurlex Avogados, S.L.P), que non comparece malia estar debidamente citada, Atlántica Congresos, S.L. (declarada en concurso, da cal é administrador concursal o Sr. Álvarez Serrano), asistida pola letrada Sra. Villar Fernández, Ute Halcón Viajes, S.L., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L., asistida e representada polo letrado Sr. Castiñeira Martínez e contra Fogasa, que non comparece malia estar debidamente citada, sobre despedimento obxectivo individual, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, con condena solidaria das empresas indicadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 33,52 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 25.014,30 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial