Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (903/2010).

Procedemento ordinario 903/2010.

Demandante: Vicente Lorenzo Conde.

Avogada: María Sonia Míguez Macho.

Demandado: Construcciones Manuel García Carreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 903/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vicente Lorenzo Conde contra a empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión se xunta:

«Decisión:

Estimo a demanda formulada por Vicente Lorenzo Conde fronte á empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 9.858,94 euros en concepto de salarios debidos, incrementada cos xuros por mora do artigo 29.3 do ET, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación, no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

A secretaria xudicial