Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (150/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 150/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tatiana Pérez García contra Fiestas de Galicia 2007, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Tatiana Pérez García contra Fiestas de Galicia 2007, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Fiestas de Galicia 2007, S.L. a lle aboar á demandante a suma de tres mil trescentos tres euros con setenta e sete céntimos (3.303,77 €), polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, haberá que aplicar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, sobre a base do borrador elaborado pola xuíza en prácticas María José Caramés Blanco, xulgando definitivamente na primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fiestas de Galicia 2007, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial