Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1073/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de outubro de 2013.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1073/12 seguidos por instancia de Eva Catalina Lorenzo Cid, asistida polo letrado Fernando Méndez Sanjurjo, contra a empresaria individual Belén González García, e Jessica Golpe Díaz, asistidas do letrado Ramón Solórzano Sáez, reclamación de cantidade –salarios–.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Eva Catalina Lorenzo Cid contra Belén González García e Jessica Golpe Díaz e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Belén González García e Jessica Golpe Díaz a que aboen á demandante a cantidade de 4.209,07 € brutos por salarios e diferenzas salariais devindicadas nos meses de setembro de 2011 a marzo de 2012, ambos inclusive, e 1.465,25 € brutos, por complemento de incapacidade temporal entre o 23 de marzo e agosto de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co núm. 47570000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Jessica Golpe Díaz, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 14 de maio de 2014

A secretaria xudicial