Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1116/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1116/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra Landro Albañilería, S.L, Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Fogasa, Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

En Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo feito probado di o seguinte:

Primeiro. A demandante prestou servizos de forma continuada e indistinta para Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. desde o día 6.3.1996, coa categoría profesional de delineante e con dereito a percibir un salario mensual bruto de 1.350,80 euros, incluído o rateo de pagas extras (44,41 euros diarios).

Á traballadora resúltalle de aplicación o Convenio colectivo da construción da provincia da Coruña.

Na resolución da sentenza establécese o seguinte:

Que estimo a demanda interposta por Emma María Casas Bernabeu fronte a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 4.11.2013, condenando conxunta e solidariamente a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza a razón de 44,41 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 31.975,20 euros.

Advírtese a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. que, en caso de non optar pola readmisión ou pola indemnización, se entende que procede a primeira.

Absólvese o Fogasa nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Segundo. O 28.4.2014, a parte demandante presentou un recurso de aclaración por entender que existe un erro de transcrición no feito probado primeiro que implica un erro de cálculo na resolución da sentenza.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que poidan presentar as sentenzas e os autos e que sexa necesario remediar para levar plenamente a efecto esas resolucións poderán ser corrixidas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se trata de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos ditados as omisións a que se refire o número anterior poderá, no prazo de cinco días contado desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

4. Non caberá ningún recurso contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro.- Efectivamente, tal e como sinala a parte demandante no seu recurso de aclaración, no feito probado primeiro constátase un erro de transcrición que debe ser corrixido nos termos solicitados, tendo en conta que o salario correcto da traballadora é o sinalado en demanda (1.760,00 euros ou, o que é o mesmo, 57,86 euros diarios). O certo é que, no fundamento xurídico primeiro da sentenza, se sinala que o salario non foi controvertido no acto da vista. Pero é máis, ben que é certo que as regras da carga da proba obrigan o traballador a probar, entre outras cuestións, o salario, no presente caso a incomparecencia das demandadas e as últimas nóminas achegadas aos autos, que recollen o salario reclamado, constitúen proba máis que suficiente para estimar esa pretensión.

Obviamente, tal e como acertadamente sinala a demandante, este erro de transcrición implica un erro de cálculo que ten o seu reflexo na parte dispositiva da sentenza, e debe ser corrixido conforme o seguinte cálculo:

Indemnización polo período comprendido entre o 6.3.1996 e o 12.2.2012:

16 anos × 45 días de salario × 57,86 euros diarios = 41.659,20 euros.

Indemnización polo período comprendido entre o 13.2.2012 e a data do despedimento 4.11.2013: 1 ano e 9 meses: 3.341,42 euros.

Aínda que o total das anteriores cantidades ascende a 45.000,62 euros, o quantum indemnizatorio vén legalmente limitado a un máximo de 720 días de salario, isto é, 41.659,20 euros.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación.

Parte dispositiva:

Que rectifico o erro de transcrición que contén o feito probado primeiro da sentenza, o cal debe quedar redactado da seguinte maneira:

Primeiro. A demandante prestou servizos de forma continuada e indistinta para Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. desde o día 6.3.1996, coa categoría profesional de delineante e con dereito a percibir un salario mensual bruto de 1.760,00 euros, incluído o rateo de pagas extras (57,86 euros diarios).

Á traballadora resúltalle de aplicación o Convenio colectivo da construción da provincia da Coruña.

Na resolución da sentenza establécese o seguinte:

Que estimo a demanda interposta por Emma María Casas Bernabeu fronte a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 4.11.2013, condenando conxunta e solidariamente a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza a razón de 57,86 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 41.659,20 euros.

Advírtese a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. que, en caso de non optar pola readmisión ou pola indemnización, se entende que procede a primeira.

Absólvese o Fogasa nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, aínda que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L.; Estructuras Cubafer, S.L.; Landro Estructuras, S.L.; Construcciones Landro, S.L.; General de Subcontratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

A secretaria xudicial