Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25378

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (397/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 397/2012 desta sección, seguido por instancia de Televisión de Galicia, S.A. contra C.T.V., S.A., Produtora Faro, S.A., Prodhert TV, S.A., Mediarte y Comunicación de Galicia, S.L., Start People ETT, S.A. (agora Unique Interim ETT, S.A.U.) Javier Llopis Pazo, Producciones 52 Andalucía, S.L. e Pórtico de Comunicaciones, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada María José Seoane Pesqueira, en nome e representación de Televisión de Galicia, S.A., contra a sentenza do 24 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela no procedemento 1313/2010, seguido por instancia de Javier Llopis Pazo, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a parte recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Mediarte y Comunicación de Galicia, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Churruca, 3, baixo de Vigo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto».

A Coruña, 15 de maio de 2014

A secretaria xudicial