Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25376

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (371/2014).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 371/2014 desta sala, seguido por instancia de Paula de la Vega Sanmartín contra Juegos Balora, S.A., sobre incidentes de execución, se ditou a resolución seguinte:

Decisión:

Que estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Paula de la Vega Sanmartín contra o auto do 11 de outubro de 2013, ditado polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, no procedemento de execución número 129/2013, seguido nese xulgado por instancia da citada recorrente fronte á empresa Juegos Balora, S.A.2, e debemos revogar e revogamos o citado auto, condenando a empresa executada ao aboamento dos salarios deixados de percibir pola traballadora executante, tanto desde a data do despedimento e ata a de notificación da sentenza, como os que o foron desde a indicada data de notificación da sentenza ata a data de notificación do auto que declara extinguida a relación laboral, partindo dun salario mínimo de 41,14 euros/día.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juegos Balora, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2014

A secretaria xudicial