Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25374

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (157/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 157/2014 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Álvarez Molina contra o Concello de Arteixo, a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., a empresa Galicia Saudade, S.L., a administración concursal da empresa Galicia Saudade, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza, con data do 30 de abril de 2014, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María del Carmen Álvarez Molina contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña con data do 15 de maio de 2013, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libre de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciamolo, mandamolo e asinamolo».

E para que sirva de notificación á empresa Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial