Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25372

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2217/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2217/2012-CON desta sala, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Traballo contra Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa, S.A.) e outros, sobre accidente, se ditou a resolución seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales contra a sentenza do 9 de xaneiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en proceso promovido pola mutua recorrente contra Ángel Maneiro Fernández, a empresa Cedonosa, S.A., a Mutua Universa-Mugenat, Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, débeselles dar o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados pola mutua recorrente que, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, debe aboar os honorarios do demandado impugnante do seu recurso, por importe de cincocentos cincuenta euros (550 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2014

A secretaria xudicial