Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25080

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (744/2012).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, anuncia que neste procedemento, seguido por instancia da procuradora María de los Ángeles González Rodríguez, en nome e representación de Joaquín Tomé Rey fronte a María Magdalena Vega Pelaz, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 53/2014.

O Porriño, 28 de abril de 2014.

Vistos por min, Olalla Díaz Sánchez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, estes autos de xuízo verbal 744/2012, seguidos por instancia de Joaquín Tomé Rey, representado pola procuradora María de los Ángeles González Rodríguez e asistido polo letrado Ricardo Martínez Geijo, fronte a María Magdalena Vega Pelaz, en situación de rebeldía procesual.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Este procedemento deriva da demanda presentada o 19 de decembro de 2012 pola representación procesual do Sr. Tomé, en que reclamaba a modificación da medida establecida en autos de xuízo de separación contenciosa 172/2008, tramitados neste xulgado e relativa á pensión compensatoria. Admitida a trámite e tras reiterados intentos infrutuosos de emprazamento á parte demandada, tívoselle que notificar finalmente por medio de edictos, e non contestou nin compareceu en prazo, polo que foi declarada en situación de rebeldía procesual.

Segundo. Sinalada finalmente data para o xuízo, este tivo lugar o 14 de abril de 2014 na sede deste xulgado, onde as partes comparecidas practicaron a proba admitida, segundo consta na acta.

Terceiro. Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais esenciais.

Resolución.

Estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Joaquín Tomé Rey fronte a María Magdalena Vega Pelaz, acórdase modificar as medidas acordadas na sentenza ditada nos autos de xuízo de separación contenciosa 172/2008 tramitados neste xulgado, no sentido de fixar a pensión compensatoria a cargo do aquí demandante na suma de 50 euros desde a próxima mensualidade, coa actualización anual automática segundo o IPC.

Sen pronunciamento expreso en canto ás custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá presentar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar a dita demandada María Magdalena Vega Pelaz en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 6 de maio de 2014

A secretaria xudicial