Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25079

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (70/2013).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Víctor Segade Vinagre, S.L. ditouse sentenza o 12 de febreiro de 2014, que se encontra á disposición do demandado na Secretaría deste xulgado, e faise saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, logo de consignación da cantidade de 50 euros na conta deste xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Víctor Segade Vinagre, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial