Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25077

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (393/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 393/2014 desta sección, seguido por instancia de Telefónica de España, S.A.U. contra sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Casación en unificación de doutrina: 137 e 138/14 IP.

Parte recorrente: Telefónica de España, S.A.U.

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 6 de maio de 2014.

Únase o anterior escrito, presentado por María Marcela Pérez Crespo, en nome e representación de Telefónica de España, S.A.U, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, xa que o recurso de casación para unificación de doutrina non está suxeito ao seu pagamento, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Considérase efectuado o depósito e consignación da cantidade de condena.

Respecto ao outrosí digo e ao segundo outrosí digo, considéranse feitas as manifestacións contidas nel.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Móviles Message Systems, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2014

A secretaria xudicial