Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (287/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 287/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Nimo Costa contra a empresa Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que estimando a demanda formulada por José Nimo Costa contra a empresa Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L, condénoa a lle aboar a cantidade de 2.962,95 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, importe que se debe incrementar coa cantidade de 209,16 euros en concepto de xuros de demora.

O Fondo de Garantía Salarial deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da Lei reguladora da xurisdición social, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación e aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para sirva de notificación en legal forma a Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2014

O secretario xudicial