Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24739

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (277/2013).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5, dou fe de que no procedemento de xuízo verbal número 277/13 seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, ditouse a sentenza cuxo encabezado e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 2013.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal número 277/2013, por instancia da entidade Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado José Luis Martínez Olivares Gómez, contra Andresa Reis Galvao, a cal foi declarada en rebeldía.

Resolución. Estimando a demanda interposta pola procuradora Rita Goimil Martínez, en nome e representación da entidade Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., contra Andresa Reis Galvao, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de tres mil seiscentos oitenta e un euros con trinta e oito céntimos (3.681,38 €) en concepto de principal e a cantidade de cincocentos cincuenta e un euros con corenta céntimos (551,40 €) en concepto de xuros de demora. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada. Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista no artigo 458 da LAC. Advírtase a ambas as dúas partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de preparación do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, apercibíndoos de que a non constitución do depósito comportará a inadmisión a trámite do recurso. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Andresa Reis Galvao, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

A secretaria