Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24738

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (224/2012).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido a instancia de Financeira El Corte Inglés EFC, S.A., fronte a Alfonso López-Durán Martínez ditouse sentenza o 14 de marzo de 2013, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitado co número 224/12, no cal interviñeron como demandante Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Martínez Olivares, e como demandado Alfonso López-Durán Martínez, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. e, en consecuencia, condenar a Alfonso López-Durán Martínez a aboar á demandante a suma de 1.729,67 euros, todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún ao ser a contía do procedemento inferior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma ao demandado, Alfonso López-Durán Martínez, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2013

A secretaria xudicial