Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (774/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela.

Sentenza: 84/2013.

Xuíza que a dita: Lorena Tallón García.

Lugar: Santiago de Compostela.

Fecha: 3 de xuño de 2013.

Demandante: Financiera El Corte Inglés EFC, S.A.

Avogado: José Luis Martínez-Olivares Gómez.

Procuradora: María Rita Goimil Martínez.

Demandado: Manuel Crespo Nieto.

Procedemento: xuízo verbal 774/2012.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as actuacións correspondentes ao xuízo verbal número 774/2012 promovido pola entidade mercantil Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado José Luis Martínez-Olivares Gómez, fronte a Manuel Crespo Nieto, en situación de rebeldía procesual.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Rita Goimil Martínez, en representación da entidade Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., contra Manuel Crespo Nieto, en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante a cantidade de tres mil catrocentos catorce euros con vinte e tres céntimos (3.414,23 €), máis os xuros do artigo 576 da LAC, con expresa condena do demandado ao pagamento das custas procesuais xeradas neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso presentarase perante este xulgado, logo de consignar o depósito correspondente, no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño para a súa unión a estas actuacións.

Así o acordo e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Crespo Nieto, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2014

O secretario xudicial