Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24741

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1084/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1084/12 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa José Antonio Sánchez Vázquez e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo:

Debo admitir e admito parcialmente a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Sánchez Vázquez, José Antonio, e, en consecuencia, declárase a citada empresa responsable directa e principal do aboamento das prestacións anticipadas pola mutua obxecto do proceso, e condénase a referida empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.404,70 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor en contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, o que demostrará presentando o comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso; así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola citada cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Antonio Sánchez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 12 de maio de 2014

A secretaria xudicial