Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1294/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1294/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Fernández Pérez contra a empresa Haydar Akyol e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Fernández Pérez contra Haydar Akyol, con intervención do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboar á demandante a cantidade de 3.397,50 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, o cal demostrará presentando o comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola citada cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Haydar Akyol, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 12 de maio de 2014

A secretaria xudicial