Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (65/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 65/12 por instancia de Carmen Sánchez Brea contra Banban Kids, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 5.5.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda formulada por Carmen Sánchez Brea fronte á empresa Banban Kids, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Banban Kids, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil novecentos noventa e tres euros con corenta e tres céntimos de euro (4.939,43 euros) máis a cantidade de oitocentos noventa e seis euros con corenta e tres céntimos de euro (896,43 euros) en concepto de xuros devindicados percibidos polos conceptos salariais.

– Condénase a empresa Banban Kids, S.L. a aboar as custas deste procedemento, incluídos os honorarios do letrado ata o límite de seiscentos euros (600 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Banban Kids, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 12 de maio de 2014

A secretaria xudicial