Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (933/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 933/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Balsa Rodríguez contra a empresa Ángela Eiroa Alonso-Turquesa Fiesta, a empresa Encarnación Alonso Mallo e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Sentenza: 251/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 933/2013.

Demandante: María Jesús Balsa Rodríguez.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandadas:

– Empresa Ángela Eiroa Alonso-Turquesa Fiesta.

– Encarnación Alonso Mallo.

Sentenza nº 251/2014.

A Coruña, 6 de maio de 2014.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Jesús Balsa Rodríguez fronte á empresa Encarnación Alonso Mallo (Turquesa Fiesta), e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 526,76 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 38,31 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por María Jesús Balsa Rodríguez fronte á empresa Ángela Eiroa Alonso e, en consecuencia, absólvoa dos pedimentos formulados fronte a ela.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Ángela Eiroa Alonso-Turquesa Fiesta, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de maio de 2014

A secretaria xudicial