Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23650

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1295/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1295/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Áridos de Reboredo, S.A. (Arbesa), Mutua Fremap, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, José Pena Purriños, Otemer, Ran Montajes, Navalsa, Montajes Asturias, empresa Eduardo Mera Painceira, Innaval, S.L., Explotaciones del Noroeste, S.A. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimar os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada da empresa Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación e Navantia, S.A., e estimar o promovido polo INSS, revogando a sentenza ditada con data do 11.3.2011 polo Xulgado do Social número  2 de Ferrol, en autos 784/2009 e, en consecuencia, desestimando a demanda presentada por José Pena Purriños, con absolución da totalidade dos demandados. Condénase en custas as empresas Izar Construcciones Navales en liquidación, S.A. e Navantia, S.A., que comprenderán os honorarios dos letrados das partes que impugnaron os recursos, por importe de 300 euros a cada unha. Decrétase a perda dos depósitos e consignacións efectuadas para recorrer.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Asturias, Explotaciones del Noroeste, S.A., Otemer, Navalsa, Ran Montajes, empresa Eduardo Mera Painceira, Innaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial