Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23652

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (326/2011).

María José González Pajariño, secretaria xudicial, en substitución, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, polo presente,

Sentenza:

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario número 326/2011, seguido entre partes, dunha como demandante Manuela Núñez Queiro, Ramón Filgueira Núñez e Olga Rodríguez del Río representada pola procuradora Sra. Barrientos Barrientos e asistida da letrada Sra. Seoane Pérez e doutra como demandado David Seoane Calvar, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade derivada de responsabilidade extracontractual (accidente de tráfico).

Decido que estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Manuela Núñez Queiro, Ramón Filgueira Núñez e Olga Rodríguez del Río contra o demandado David Seoane Calvar e en consecuencia condeno o demandado a aboarlles ás demandantes a cantidade de 9.571,90 euros dos cales corresponden 592,12 á demandante Manuela, 3.002,72 euros ao demandante Ramón e 5.996,86 euros á demandante Olga, máis os xuros legais correspondentes e con expresa imposición das custas causadas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignar 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

E encontrándose o dito demandado, David Seoane Calvar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 10 de setembro de 2012

A secretaria xudicial