Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (56/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 56/2012 por instancia de Francisco Catoira Loureiro contra a empresa Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 28 de abril de 2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Desestímase a demanda formulada por Francisco Catoira Loureiro fronte á empresa Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absólvese a entidade demandada das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transportes Óscar Jartin Sueiro, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial