Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23648

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1419/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1419/2011 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Manuel Eugenio Díaz Lago sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 2 de maio de 2014.

Únese o anterior escrito, presentado polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera, en representación de Insuíña, S.L., xunto coas súas copias, ao recurso correspondente. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que produza efectos legais e sirva de notificación á empresa Construcciones Norsema, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial