Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23646

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante, pola quenda de acceso libre, á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (raios X), grupo III, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 4 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 18 de decembro e Boletín Oficial del Estado do 26 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (raios X), grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 28 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 11 de abril), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar a persoa aspirante admitida pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 16 de xuño de 2014, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Servizo de Normalización Lingüística (vivendas dos catedráticos, 1º andar, avenida das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela