Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (968/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 968/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Montero Viqueira contra Escayolas Gasamáns, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a sentenza nº 181 cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, estes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Jorge Montero Viqueira, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte á mercantil Escayolas Casamáns, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes:

Que estimo integramente a demanda interposta por Jorge Montero Viqueira fronte á mercantil Escayolas Casamáns, S.L. e ao Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.034,48 euros en concepto de salario do mes de outubro e 15 días de novembro de 2012, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, SL, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial