Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (383/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 383/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Carreira Rey contra Mourenza Automoción, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, estes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Ramón Carreira Rey, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte á mercantil Mourenza Automoción, S.L., a administración concursal (Marta María Pérez Vázquez) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza en base nos seguintes (…)

Resolvo.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Ramón Carreira Rey fronte á mercantil Mourenza Automoción, S.L., á administración concursal (Marta María Pérez Vázquez) e ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 14.353,87 euros, en concepto de paga extraordinaria de xullo de 2011, salarios de novembro e decembro de 2011, salarios de xaneiro ao 11 de xuño de 2012 e parte proporcional de vacacións, cantidade que debe ser incrementada no 10 % anual de xuros de mora. Condeno a Marta María Pérez Vázquez unicamente na súa condición de administración concursal e absolvo o Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mourenza Automoción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial