Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (690/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 690/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Clara González Gil contra a empresa Fogasa e a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión se xunta:

«Decido que estimo a demanda formulada por Clara González Gil fronte á empresa Asociación Instituto de Desarrollo Comarcal de Galicia, con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 4.257,14 euros en concepto de salarios debidos, incrementada cos xuros por mora do artigo 29.3 do Estatuto do traballador, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interporse recurso de suplicación, no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales quedará firme en dereito.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

O maxistrado»

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

A secretaria xudicial