Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (54/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 54/2012 por instancia de Inés Rodríguez Souto contra a empresa Confecciones Cial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 25 de abril de 2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Inés Rodríguez Souto fronte a Confecciones Cial, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Confecciones Cial, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de dous mil douscentos vinte e tres euros con setenta céntimos de euro (2.223,70 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Cial, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de maio de 2014

O secretario xudicial