Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23271

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (199/2012).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, fago saber que neste procedemento ordinario 199/2012, seguido por instancia da Comunidad de Propietarios Curros Enríquez-Edificio Torre fronte a Obras, Promociones y Construcciones Campus, S.L., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe, 25 de marzo de 2014, os presentes autos de xuízo ordinario número 199/2012, seguidos neste xulgado por instancia da Comunidad de Propietarios Curros Enríquez-EdificioTorre, representada pola procuradora Mª de los Ángeles Sousa Rial e asistida pola letrada Aline Castro Martínez, contra a empresa Obras, Promociones y Construcciones Campus, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que aceptando a demanda interposta pola procuradora María de los Ángeles Sousa Rial, que actúa en nome e representación da Comunidad de Propietarios Curros Enríquez-Edificio Torre, contra Obras, Promociones y Construcciones Campus, S.L., condeno o demandado a pagar a suma de trinta e sete mil seiscentos sesenta euros con vinte e seis céntimos (37.660,26 euros), correspondentes aos recibos de gastos xerais xerados entre o 1 de agosto de 2008 (recibo 011704) ata o 1 de decembro de 2010 (recibo 01414) inclusive, cos xuros legais xerados desde a interpretación xudicial e con expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes ao da súa notificación, acreditando a consignación do preceptivo depósito e da liquidación de taxa.

Así a pronuncia e asina. O xuíz».

E encontrándose a dita demandada, Obras, Promociones y Construcciones Campus, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Ourense, 1 de abril de 2014

O secretario xudicial