Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23269

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (67/2013).

Nesta peza civil 60/2014, dimanante do procedemento ordinario 67/2013, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, seguido por instancia de NCG Banco, S.A. fronte a Manuel Jorge Gutiérrez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez González e Jacinto José Pérez Benítez, ditou en nome do rei a seguinte sentenza número 62.

En Pontevedra o 24 de febreiro de 2014

Visto en grao de apelación, ante a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 67/2013, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, aos cales lles correspondeu a peza número 60/2014, en que aparece como parte apelante-demandante NCG Banco, S.A., representado polo procurador Manuel Nistal Riádigos e asistido polo letrado Prudencio Barreiro Castro, e como parte apelado-demandado Manuel Jorge Gutiérrez, en rebeldía, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da Sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos que, desestimando o recurso de apelación formulado por NCG Banco, S.A., representado polo procurador Manuel Nistal Riádigos, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario 67/2013 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, a debemos confirmar e a confirmamos con imposición das custas á parte apelante.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala: Francisco Javier Valdés Garrido, presidente; María Begoña Rodríguez González, relatora, e Jacinto José Pérez Benítez».

Seguen as rúbricas. Certifico.

Ao estar o dito demandado, Manuel Jorge Gutiérrez, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial