Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23267

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (118/2014).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 118/2014 desta sección, seguido por instancia de Manuel Domínguez Salgado contra Granitos del Val, S.L., Exidesgra, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución seguinte:

«Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Manuel Domínguez Salgado, a sala declara a nulidade do despedimento do demandante, e condena a demandada á súa readmisión no seu posto e condicións de traballo con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata que aquela teña lugar, con base nun salario diario de 43,70 euros, sen prexuízo de descontar destes salarios o período de incapacidade temporal do traballador, en canto durante ela non se devindica salario.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Exidesgra, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto, na Coruña o 21 de febreiro de 2014.

A Coruña, 30 de abril de 2014

A secretaria xudicial