Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23272

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (878/2012).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 18/14.

Xuízo ordinario nº 906/2012.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: María Socorro Aurora García del Río.

Avogado: Sr. Lorenzo Vázquez.

Procuradora: Sra. Queiro García.

Demandados: Andrea Julia Ruibal Barros, María Hilda Crego Feito, Concello de Ames, Alejandro Casas Fernández, Cristina Rey Pais, Mónica Casas Fernández e Alberto Lema López (todos eles en rebeldía).

Obxecto: dereitos reais e concordancia rexistral.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014.

Decido estimar integramente a demanda presentada por María Socorro Aurora García del Río contra Andrea Julia Ruibal Barros, María Hilda Crego Feito, Concello de Ames, Alejandro Casas Fernández, Cristina Rey Pais, Mónica Casas Fernández e Alberto Lema López e, en consecuencia:

1. Declaro que o seguinte predio nº 683 da concentración parceira da parroquia de Santa María de Trasmonte, concello de Ames: “Rústico: terreo dedicado a labradío secaño no sitio de Campavila, de vinte e unha áreas e nove centiáreas. Linda norte, Dolores Crego (684); sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Andrea Ruibal Campos (687); e oeste, Dolores Crego (684)”, inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 387, libro 89, folio 179, predio 7.421, con referencia catastral número 6692802NH246950001GF era propiedade de Carmen Julia Ruibal Barros, tía do pai da demandante María del Socorro Aurora García del Río chamado Prudencio José Crespo Ruibal, e foi adquirida polo citado pai da demandante e pola súa nai María del Socorro Anuncia del Río Blanco pola posesión en concepto de donos durante 30 anos, sen que sexa necesario xusto título.

2. Declaro que o citado predio nº 683 do plano de concentración parcelaria da parroquia de Santa María de Trasmonte, concello de Ames, descrita no número anterior, formaba parte da herdanza dos causantes pais da demandante, Prudencio José Crespo Ruibal e María del Socorro Anuncia del Río Blanco e foi adquirida na división e adxudicación da dita herdanza dos causantes pola demandante María del Socorro Aurora García del Río.

3. Declaro que foi xustificado o dominio a favor da demandante María del Socorro Aurora García del Río do citado predio nº 683 do plano de concentración parcelaria da parroquia de Santa María de Trasmonte, concello de Ames, descrita no nº 1 desta resolución e, en consecuencia, acordo a cancelación da inscrición contraditoria do dominio a nome de Carmen Julia Ruibal Barros, como así consta no Rexistro da Propiedade de Negreira.

4. Condeno os demandados a estaren e pasaren polas anteriores declaracións e a acatalas, consentilas e cumprilas.

5. Todo isto sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do comprobante ou da orde de ingreso, requisito sen o cal non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituíren o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Andrea Julia Ruibal Barros, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

María del Carmen Vázquez Rodríguez
Secretaria xudicial