Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23275

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (392/2013).

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, anuncio que no presente procedemento divorcio contencioso 392/2013 seguido por instancia de Rocío Platas Leis fronte a Alfonso Pérez Ponte se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo que estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Rodríguez Morales, en nome e representación de Rocío Platas Leis, asistida da letrada Sra. Trillo Nouche, fronte a Alfonso Pérez Ponte, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio fiscal en representación dos dous fillos menores de idade habidos no matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 24 de xaneiro de 2004 en Santiago de Compostela, inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 96, folio 172, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, acordando as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

1º. A atribución á demandante da garda e custodia sobre ambos menores, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

2º. Que se fixe en concepto de pensión alimenticia a cargo do pai aos fillos a cantidade de 250 euros para cada un. Non obstante, cando el careza de traballo fíxese en 300 euros mensuais para ambos fillos, que se deberán ingresar de xeito anticipado na conta corrente que se sinale nos cinco primeiros días de cada mes, sendo a devandita cantidade actualizada anualmente a partir do primeiro de xaneiro do ano seguinte ao da data da sentenza, de conformidade coa variación do índice de prezos de consumo que estableza o Instituto Nacional de Estatística (INE) ou organismo que o poida substituír no futuro.

Os gastos extraordinarios sexan aboados por metade.

3º. O réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio será o seguinte:

Fins de semana alternas, desde o sábado ás 11.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas, reintegrando os menores no seu domicilio habitual.

Non obstante, con respecto a Adrián, debido á súa idade, establécense fins de semana alternas, sendo recollido ás 11.00 horas do sábado ata as 16.30 horas e o domingo en idéntico horario, ata que faga catro anos.

A metade das vacacións escolares de Nadal, correspondéndolle ao pai a primeira metade nos anos pares e a segunda nos anos impares, e tendo en conta que o primeiro período comezará o día seguinte a aquel en que finalicen as clases e finalizará o día 31 de decembro ao mediodía.

O segundo período comezará o día 31 de decembro ao mediodía e finalizará ás 20 horas do día inmediatamente anterior ao que comecen as clases, e recollerao e entregarao no domicilio materno.

O mes de xullo nos anos pares e o de agosto nos impares, recolléndoo e entregándoo no domicilio materno.

En canto ás vacacións de Semana Santa, iniciarase o primeiro período o día seguinte a aquel en que finalicen as clases, concluíndo ao mediodía do día que constitúa a metade do período de vacacións.

O segundo período comezará nese mesmo día e finalizará o día inmediatamente anterior ao que comece a actividade escolar, recolléndoo e entregándoo no domicilio materno.

Respecto a Adrián, no período vacacional mantéñanse as fins de semana alternas da alínea a) mentres non faga os catro anos.

En canto sexa firme esta resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Alfonso Pérez Ponte, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

A secretaria xudicial