Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23105

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (819/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 819/2012 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 479/2010 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: Miguel Ángel González Rivas.

Avogado: Fernando Peche Villaverde.

Recorridos: Fogasa, Cía. Mediterránea de Vigilancia, S.A., Escudo Vigilancia y Seguridad, S.A., Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Protección de Patrimonios, S.A., Umano de Seguridad, S.A., Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. e Iman Seguridad, S.A.

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 819/2012 desta sección, seguido por instancia de Miguel Ángel González Rivas contra a empresa Fogasa, Cía. Mediterránea de Vigilancia, S.A., Escudo Vigilancia y Seguridad, S.A., Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Protección de Patrimonios, S.A., Umano de Seguridad, S.A., Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. e Iman Seguridad, S.A., sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Miguel Ángel González Rivas contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente fronte ás empresas demandadas Mediterránea de Vigilancia, S.A., Protección de Patrimonios, S.A., Serramar Seguridad, S.L., Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Iman Seguridad, S.A., Umano de Seguridad, S.A., Escudo Vigilancia y Seguridad, S.A. e Fogasa, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Escudo Vigilancia y Seguridad, S.A. e Umano de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2014

A secretaria xudicial