Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23107

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4203/2013).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4203/2013 desta sección, seguido por instancia de Movex Vial, S.L. e outros, contra a empresa Hidroscivil, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que con estimación do recurso interposto polas empresas Civis Global, S.L., Mantén, S.L. e Construcciones Deportivas Indepo, S.L., anulamos a sentenza que con data do 15 de maio de 2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado número 2 de Vigo, co obxecto de que con plena liberdade de criterio se dite nova resolución que emende as deficiencias que expresamos na nosa fundamentación.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Hidroscivil, S.L., co último domicilio coñecido en r/ Estrada de Madrid, 210, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2014

A secretaria xudicial