Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23108

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (166/2012).

Recorrente: Rudesindo López Feijoo.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recorrido: Construcciones Milucho, S.L. y otros.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 166/2012 desta sección, seguido por instancia de Rudesindo López Feijoo contra a empresa Construcciones Milucho, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que con desestimación do recurso interposto por Rudesindo López Feijoo, confirmamos a sentenza que con data do 22 de novembro de 2011 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Ourense e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap, a empresa Construcciones Milucho, S.L. e a administración concursal.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones Milucho, S.L., co último domicilio coñecido na estrada da Armada (Xinzo de Limia), Ourense, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2014

A secretaria xudicial