Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23109

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (169/2013).

Xuízo verbal 169/2013.

Procedemento de orixe: monitorio 169/2013.

Sobre outras materias.

Demandante: Nilo López González.

Procuradora: María Luisa López Vizcaíno.

Demandado: Luis González Vilar.

Procuradora: Reyes Abella García.

María del Carmen Álvarez Iglesias, por substitución, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sarria, fai saber que neste xulgado e co número 169/2013 se seguen autos de xuízo verbal por instancia da procuradora Sra. López Vizcaíno, en nome e representación de Nilo López González contra Rovi Lugo 2007, S.L., con CIF B-27259936, e contra Luis González Vilar.

Nos ditos autos e en data 14 de marzo de 2014 ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Sarria, 14 de marzo de 2014.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, os autos do xuízo verbal 169/2013 no cal son partes o demandante Nilo López González, asistido polo letrado señor Sánchez Goñi e representado pola procuradora señora López Vizcaíno, e os demandados Luis González Vilar, representado pola procuradora señora Abella García e asistido pola letrada señora Rigueiro Arias, e a entidade Rovi Lugo 2007, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual.

Decido que estimo integramente a demanda interposta por Nilo López González, asistido polo letrado señor Sánchez Goñi e representada pola procuradora señora López Vizcaíno, contra os demandados, Luis González Vilar e Rovi Lugo 2007, S.L., e condeno a estes a que aboen por partes iguais ao demandante a cantidade de seis mil euros (6.000 euros), así como os xuros procesuais.

Condeno en custas os demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, e do cal coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Lugo.

E para que sirva de notificación en forma á mercantil Rovi Lugo 2007, S.L., expido e asino o presente edicto.

Sarria, 22 de abril de 2014