Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22877

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3917/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3917/2013 desta sección, seguido por instancia do Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Silvia Faria Garabatos, contra a empresa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Martínez Randulfe, S.L., Ministerio Fiscal, Rubén de Martín Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Colegio Martínez Randulfe, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou en data 28 de marzo de 2014 a seguinte resolución:

Que estimando o recurso de aclaración interposto, a parte dispositiva da Sentenza ditada por esta sala en data 11 de febreiro de 2014 en recurso de suplicación número 3917/2013, interposto contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense de data 22 de abril de 2013, en autos número 124/2013, quedará do teor literal seguinte:

«Que desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación procesual da demandante e pola representación legal da empresa demandada contra a Sentenza de data 22 de abril de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 124/2013, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Condenamos a empresa recorrente, Colegio Concepción Areal, S.C.G., a aboar os honorarios de letrado da demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos euros (600 €). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a empresa demandada-recorrente ten de aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso. Dánselles aos depósitos constituídos o destino legal correspondente».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por este o noso auto, o pronunciamos, mandamos e asinamos coa secretaria da Sala.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG e que sirva de notificación en forma a Martínez Randulfe, S.L. e ao Colegio Martínez Randulfe, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial