Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22875

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4761/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4761/2011-MRA desta sección, seguido por instancia de Iban Sotelo Otero contra a empresa Fogasa, Factoría Naval de Marín, S.A., Tratamentos Náuticos González, S.L., Gosmín, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Iban Sotelo Otero contra a sentenza de data 30 de xuño de 2011 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo no procedemento número 32/2011 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso faise mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra que se recorre, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Gosmín, S.L. e Tratamientos Náuticos González, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicación se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial