Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22879

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2614/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2614/2012-MFV.

Xulgado de origen/autos: 944/2009 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recurrente: Securitas Seguridad España, S.A.

Avogada: Almudena Herraez Franco.

Recorridos: Viproga, S.A., Francisco Javier Carreira Rey.

Avogada: María Milagros Verde Crespo (CIG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2614/2012 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridade España, S.A. contra a empresa Viproga, S.A., Francisco Javier Carreira Rey sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución: «Estimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Securitas Seguridade España, sociedade anónima contra a Sentenza do 10 de novembro de 2011 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo seguido por instancia de Francisco Javier Carreira Rey contra a recorrente e contra Viproga, S.A., revogamos parcialmente tal resolución, e absolvemos en consecuencia a recorrente da totalidade de pedimentos da demanda contra ela formulados. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Viproga, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial