Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22678

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (304/2014-PM).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 304/2014 desta sección, seguido por instancia de Fernando Fontaíña Pardiñas contra a empresa Eurogranit, S.A., Granitos y Mármoles El Port, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Fernando Fontaíña Pardiñas contra a sentenza do 9 de outubro do ano 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, en proceso promovido polo recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada e engadimos simplemente que a condena das empresas Eurogranit, S.A, Granitos de La Coruña, S.A. e Lista Granit, S.A. é solidaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito, ante esta sala do social, dentro do dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Eurogranit, S.A. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial