Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22676

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (249/2014).

Número de recurso: recurso de suplicación 249/2014 CRS.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 996/2012 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Begoña Muñiz Fernández.

Procuradora: Belén Casal Barbeito.

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire.

Recorridos: Limpiezas El Polígono, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 249/2014 desta sección, seguido por instancia de Begoña Muñiz Fernández contra a empresa sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Decisión. Que estimamos o recurso de suplicación formulado por Begoña Muñiz Fernández contra a sentenza ditada o 14 de outubro de 2013 polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos número 996/2012, sobre despedimento e resolución de contrato contra Limpiezas El Polígono, S.L. e Fogasa e con revogación parcial da dita resolución fixamos a indemnización pola extinción do contrato de traballo da demandante na suma de vinte e dous mil cincocentos vinte e seis euros con vinte céntimos de euro (22.526,20 €), a cuxo pagamento se condena a demandada Limpiezas El Polígono, S.L., e mantense no resto a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para efecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Limpiezas El Polígono, S.L., con ultimo domicilio coñecido na avda. de Lugo, 159, baixo, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial