Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22680

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (623/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 623/2012 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 305/2009 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Mutua Universal Mugenat.

Avogada: Cristina Valls Andres.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Ferralla Calos, S.L.L., Galaico Leonesa 2005, S.L., Asepeyo, mutua de accidentes de trabajo y enfermedades profesionales de la Seguridad Social número 151, Víctor Manuel Ríos Lago.

Avogados: María Mar Bermúdez Quintáns, Javier Balo Couto, Pedro María García Cacho.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 623/2012 desta sección, seguido por instancia da Mutua Universal Mugenat contra a empresa Galaico Leonesa 2005, S.L., Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandada Mutua Universal Mugenat, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. En consecuencia, desestimamos a demanda formulada polo demandante Víctor Manuel Ríos Lago, debemos absolver e absolvemos libremente desta a referida mutua patronal e os tamén demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Ferralla Calo, S.L., Galaico Leonesa 2005, S.L., a mutua Asepeyo e o Servizo Galego de Saúde (Servizo Galego de Saúde). Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galaico Leonesa 2005, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2014

A secretaria xudicial