Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22682

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1328/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1328/2012-mjc-.

Xulgado de orixe/autos: demanda 96/2011 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Luis Cedeira Pazos.

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Trans Aldico, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39.

Avogado: Servicio Jurídico Seguridad Social (Provincial), Patricia Soto Luque.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1328/2012 desta sección, seguido por instancia de Luis Cedeira Pazos contra Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 39 e outros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza de data 10 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en autos 96/2011, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trans Aldico, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2014

A secretaria xudicial